MAOS Innovación Social

  • O noso cometido pasa por contribuír a que o patrimonio sexa considerado como ben que repercute na creación de riqueza, tanto económica como social, dunha comunidade e facilitar a interacción da sociedade coa súa cultura e saberes. Traballamos para fomentar a integración entre o patrimonio e a sociedade, para dar a coñecer os aspectos sociais do patrimonio e para potenciar o seu uso e coñecemento como fonte de recursos para a sociedade. As nosas accións diríxense a conseguir que a sociedade galega entenda o seu patrimonio e a súa cultura como partes de si mesma, que os valore, os respecte e contribúa á súa conservación e transmisión.

Desenvolvemos o noso labor no ámbito cultural, fundamentalmente nos campos da:

  • Etnografía: Desenvolvemos proxectos relacionados co patrimonio inmaterial e a memoria (historias e relatos de vida, memoria dos espazos, recollida e posta en valor do PCI, etc), para o cal adaptamos a metodoloxía etnográfica ás necesidades específicas de cada proxecto.
  • Xestión cultural: Ideamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos nos ámbitos cultural, social e patrimonial, ademais de realizar rutas, estudos e investigacións relacionados con eses ámbitos.
  • Comunicación: Xestionamos a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas. Tamén elaboramos e difundimos materiais didácticos, exposicións e publicacións.

Acreditamos no poder transformador da economía social desde a defensa de valores como a transparencia, a igualdade, a honestidade e a responsabilidade.

Dirección

Av. de Rodríguez de Viguri, 6, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña

Contacto

Email: maos@maos.gal
Teléfono: 623301160
Teléfono: 694401505
Teléfono: 694474166

Dónde encontrarnos

Ver en Google Maps