CEM, S.Coop.Gal
A nosa vontade é intervir globalmente a través da Educación Ambiental para conseguir unha protección efectiva da nosa contorna e do medio ambiente a nivel global.
Un dos piares básicos da nosa empresa é o noso decidido compromiso coa conservación do medio ambiente, tanto a nivel local como global, e a coherencia ambiental no desenvolvemento das nosas actuacións e servizos. A nosa aposta polo modelo cooperativo reflicte o noso compromiso cos máis importantes valores sociais do noso tempo: solidariedade, xustiza social, igualdade,… Unha aposta que se estende ao noso compromiso coa cultura, o patrimonio e a lingua galega.
Educando e divulgando para axudar á conservación do noso medio ambiente desde o cooperativismo.
- Educación Ambiental: coñecer e valorar o noso medio máis próximo para participar na solución dos problemas ambientais
Deseño e execución de Programas de Educación Ambiental (Escola…)
Xestión de equipamentos ambientais: aulas de natureza, centros de visitantes e interpretación. Cabalar, Chelo.
Campañas de sensibilización ambiental
Cursos de formación e capacitación ambiental
Obradoiros ambientais
Campamentos e estancias de Educación Ambiental
Itinerarios ambientais por toda Galicia
Charlas de medio ambiente
Xogos ambientais
Deseño de material de educación ambiental Interpretación e divulgación ambiental: comunicación eficiente para concienciar aos visitantes
Deseño e elaboración de exposicións ambientais
Deseño e sinalizaciónde itinerarios ambientais
Deseño de paneisde información ambiental
Deseño de centros de interpretación, ecomuseos, centros de visitantes
Elaboración de contidospara proxectosde Educación Ambiental
Publicacións divulgativas: guías de áreas naturais, folletos, …
Xestión e dinamización de procesos de participación pública (Estratexia Galega de Educación Ambiental,…)
Deseño e producción de CD Multimedia e xogos interactivosEstudo e planificación do medio: apostando por unha xestión sustentable dos recursos naturais
Estudos ambientais(inventarios de flora e fauna…)
Programas de vixilancia ambiental
Estudos diagnóstico de recursos, inventarios de recursos do medio…
Proxectos técnicos de Aulas de Natureza, Centros de visitantes e Ecomuseos…
Proxectos de uso público de espazos naturais
Proxectos de posta en valor do Patrimonio Cultural e Etnográfico
Plans de Interpretación e sinalización de Espazos Naturais Protexidos


Dirección
Rúa Río da Cova, 1, 15174 Culleredo, A Coruña
Contacto
Email:cemcoop@cemcoop.gal
Teléfono: 981265640